Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
Non confundir con Ácido graxo poliinsaturado.
Asociación Galega de Profesionais da Ilustración | |
---|---|
Tipo | organización |
Campo de traballo | ilustración e deseño gráfico |
Data de fundación | 2000 |
Presidente/a | Laura Romero (-) |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://agpi.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é unha asociación creada no ano 2000. Agrupa a ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada, como pode ser o deseño gráfico, a ilustración científica, a ilustración de libros etc. Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, organizan, colaborando coa Xunta de Galicia, o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Entre outros, foron protagonista deste día Reimundo Patiño, Lolita Díaz Baliño, María Antonia Dans ou Chichi Campos.[1][2]
Organización
[editar | editar a fonte]Membresía
[editar | editar a fonte]AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) do Estado español, integrada, a data de 2023, polas asociacións de Cataluña, Galiza, Madrid, País Vasco e Valencia, e do European Illustrators Forum (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa; á súa vez, a FADIP tamén é membro do EIF.[3]
Obxectivos
[editar | editar a fonte]Segundo a súa páxina oficial[4] os seus obxectivos son a representación e defensa dos dereitos e intereses dos seus membros, a mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos profesionais, facilitar formación e información para o desenvolvemento dos mesmos, acadar maior proxección e recoñecemento sociocultural para a ilustración, e a colaboración con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións da industria cultural. Para iso achegan orientación profesional e laboral, asesoría xurídica, directorios, informes etc, e organizan diversos cursos e conferencias.
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]A data de 2023, formaban parte da súa directiva, entre outros, Laura Romero, Augusto Metztli, Álvaro Sempere e Iria Ribadomar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día da Ilustración 2022 ; Bibliotecas escolares". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Día da ilustración?". Voz de Galicia. 2023-01-30. Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Associations". EIF - European Illustrators Forum (en inglés). Consultado o 2023-01-30.
- ↑ "Coñécenos". AGPI. Consultado o 30 de xaneiro de 2023.